TEMPO DE HAIKUS. J.N. Santaeulalia e Lucía Lozano
Ola!
Como este curso, o III Certame Literario GTB será sobre haikus, traémosvos esta chulada de libro da editorial catalana Akiara Books.
O haiku é un tipo de poesía xaponesa, breve, de 17 sílabas en total divididas en tres versos (5-7-5 respectivamente), que expresa moito con pouco e, como di Octavio Paz, "é unha pequena cápsula cargada de poesía capaz de facer saltar a realidade aparente".
Aínda que non notedes nada diferente no título (e precisamente iso é o que mola!), trátase dun libro en portugués que nos vén perfecto para introducirnos neste mundo tan fermoso dos haikus. Ademais, está fantasticamente editado e dá gusto telo entre as mans. Témolo na biblioteca do cole para aquelas nenas e nenos que queirades comprobalo.
A ver se vos gusta!
Comentarios
Publicar un comentario