ÓSTRAKA DE MARCOS PIN


 

Bo día!

Marcos Pin é un guitarrista, compositor e educador galego que xunto a Carme Tubío (cello), Nikolay Velikov (violín), Kiyoko Ohashi (violín), Timur Sadykov (viola) e Juan Cañada (contrabaixo), presentan este Óstraka, publicado en 2019 e baseado na obra poética do tamén galego Luís Valle.

Son oito cancións divididas en capítulos nos que entran en contraste o jazz coa música clásica, con xogos rítmicos, efectos e texturas.

Escoitádeo no seu perfil de Bandcamp pinchando aquí ou deixádevos seducir agora con este vídeo:



Ata logo!



Comentarios

Entradas populares