INFLUENCERS: CRISTINA LÓPEZ (A FALA DA AVOA)
Foto: Montse Funcasta
Que tal vai todo?
Hoxe, unha rapaza que se chama Cristina López e que nos conquistou desde o seu perfil de Instagram (a_fala_da_avoa), que podedes mirar pinchando aquí.
O que fai esta moza é recopilar os ditos populares de Galiza facendo así unha homenaxe ás nosas devanceiras e ao seu xeito de falar no día a día e que hoxe están recollidas en recompilacións como as de Xesús Ferro Rubial e Federico Zamora Mosquera, entre outros.
Ademais, Cristina acompaña o texto de fotos que amosan o patrimonio arquitectónico e paisaxístico galegos.
A idea é reivindicar a figura da xente do rural, a súa naturalidade e intelixencia, entendéndoa como unha fonte de riqueza literaria que se transmite entre as diferentes xeracións.
Aquí vos deixo con algún exemplo que poderedes atomar navegando polo seu perfil:
- Néboa arrastrada,
aos tres días mollada.
- Se non ris, xa rirás,
que o día vén tras da noite,
e o teu día chegará.
- Non chega tarde quen, á fin, chega.
- A pasar o río e a dar diñeiro,
nunca sexas o primeiro.
- Non saben o que perden os que non saben de nós.
Nada máis. Adeus!
Comentarios
Publicar un comentario