BECHOPOEMAS. Leire Bilbao
Ola!
Bechos e poemas. Aparentemente, son conceptos que así xuntiños, non estamos acostumados a ver e probablemente ese é o motivo polo que tanto nos gusta este libro. Bechopoemas e outras bestas é unha cucada de proxecto artístico da editorial Kalandraka onde Leire Bilbao e Maite Mutuberria nos propoñen un xogo de palabras e ilustración respectivamente.
É divertido, fresquiño e musical. Ten un claro interese en achegar este xénero literario ás persoas pequenas, para que entendan que a poesía é a vida mesma e sería bo que nos acompañase sempre porque non hai menciña, pílula ou tratamento mellor para a mente.
A autora agrupa os versos en voadores, acuáticos, reptadores e ruxidores. Títulos como O canto nocturno do grilo, O jazz dos cans, A resposta dos bicos, Como beber a chuvia e muitos outros están agardando por nós para ser lidos.
Comentarios
Publicar un comentario