UN ANO CO VENTO. Hanna Konola
Ola!
Pero que chulada de libro temos hoxe por aquí! Pero que cucadísima! Que ilustracións! Que cor!
O vento, ese amigo noso que tantas veces nos acompaña nesta terra é o protagonista desta marabillosa historia na que ese vento vai pasando de estación en estación. Da suavidade coa que nos move o pelo en ocasións, do roce lene na pel á forza e á contundencia coa que nos move cando se enfada.
Un ano co vento é unha mirada poética ao paso do tempo e ao carácter do vento que se relaciona con nós para deixarnos facer moitas cousiñas.
Este libro publicouse orixinalmente en Finlandia e foi galardoado co Premio ao Libro máis bonito do ano outorgado polo Comité de Libros de Arte de Finlandia.
Chao!
Comentarios
Publicar un comentario