Con verbas, con música, con loita,... conmemoramos O 25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER




O pasado 25 de novembro, xuntámonos no pavillón todo o alumnado e profesorado para conmemorar o Día Internacional da eliminación da Violencia contra a Muller. Xuntámonos para rexeitar calquer comportamento machista e defender os valores imprescindíbeis que seguimos necesitando na nosa sociedade. Valores que traballamos cada día na aula e que para este día traballamos a partir do conto "PEÚGO, O CALCETÍN MELENUDO" escrito pola mestra galega Jéssica Rodríguez Piñeiro.




Este conto trata de xeito sutil o tema da violencia de xénero a través da personaxe dun calcetín, Peúgo, a cal a súa parella lle dá mala vida, ata que lle axuda a súa amiga e confidente, a lavadora Ramona. Afonda tamén na eliminación dos estereotipos de parella.

Polo que, a partir do conto realizáronse diferentes actividades. Unha delas foi crear cada alumna/o o seu peúgo na casa en colaboración coas familias. Unha actividade que nos fixo pensar que un peúgo pode estar só e valer para moitas cousas.




Outras como debater, conversar, reflexionar, escribir palabras e/ou frases positivas que queremos e aquelas negativas que rexeitamos e que queremos que "trague" a lavadora Ramona para que desaparezan.




Despois de traballar o conto nas aulas, para ese día, baixamos cada un/ha co seu peúgo, cantamos e bailamos a canción que creara a profe María de música sobre Peúgo, o calcetín melenudo. Vimos a obra de teatro que fixeron as compañeiras e compañeiros de 6º sobre o conto e logo cada clase fomos dicindo palabras boas, bonitas,... e/ou frases de eliminación da violencia contra as mulleres.



Que ben o pasamos e que día tan fermoso!


















Comentarios

Entradas populares