ABRAHAM CUPEIRO CONQUISTA CON PANGEA
Bo día!
Imaxino que a estas alturas todo o mundo sabe quen é Abraham Cupeiro... ou se cadra non... en fin, que o explicamos un pouquiño se vos parece.
Este mozo de Sarria nado en 1980 é músico, construtor e multiinstrumentista, un amante da recuperación de instrumentos perdidos no tempo, un creador de novas sonoridades, un explorador dos entornos e dos contextos. Ten formación clásica pero a súa inquedanza sonora lévao ao jazz, á música antiga e aos diversos folklores. Posúe unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas.
Pangea é un disco publicado en 2020, gravado coa Royal Philharmonic de Londres nos estudos Abbey Road.
Pinchando aquí poderes acceder á súa web e descubrilo más en profundidade.
E aquí vos deixamos uns vídeos que esperamos vos gusten tanto como a nós:
Comentarios
Publicar un comentario