INFLUENCERS: CATUXA SALOM

 



Como vai iso?

Lembrámosvos que nesta sección de INFLUENCERS tentamos achegarvos persoas que nós consideramos unha boa influencia para vós. Xente da que aprender moito, xente á que mirar, xente diferente, xente galega, xente boa, xente que aporta cousas á sociedade, xente que pensa, xente que nos gusta, en definitiva.

Ben. Pois no Influencers de hoxe presentámosvos a Catuxa Salom, unha rapaza galega ben interesante con raíces arxentinas e que nos trae unha innovadora proposta musical que mestura a electrónica coa tradición galega. Son cantos á liberdade, ao feminismo, á ecoloxía, á vida rural e á sua esencia como muller en xeral.

Catuxa desenvolve un mundo cargado de misticismo, de simboloxía, de referencias ao folklore galego, de respeto hacia ao pasado e cunha visión de futuro sen límites. 


Aquí tedes algunha das suas cancións en vídeo:







E aquí tedes unha entrevista que lle fixeron na TVG.


Comentarios

Entradas populares