FESTEXANDO O MAGOSTO!


Quen dixo festa? Neste cole apuntámonos a todas e, como non, celebramos a festa do Magosto cunha grande FOLIADA.

O venres pasado saímos fóra a celebrar o Magosto con diferentes actividades na xornada. 

Nas primeiras horas da mañá, cada grupo realizou un Land Art, obra artística con elementos naturais (follas, castañas, ourizos, ramas, pedras,...). 

Que artistas estamos feitos! Quedaron uns deseños chulísimos! Podedes comprobalo vós mesmos, mirade estas fotos:






























Despois tocou, degustación de castañas, que foron asadas pola ANPA e familias. Moitas grazas pola vosa colaboración, estaban moi saborosas!





E foi aquí, neste momento, cando comezou a grande FOLIADA!! Onde profesorado, alumnado e familias desfrutamos dun día cheo de música e baile. Gozamos do baile e da música tradicional galega: gaitas, pandeiretas, regueifas, muiñeiras,... e todo grazas ao alumnado e á Asociación Recreativa e Cultural Aires de Sigrás, aos que tamén lle agradecemos a súa colaboración.






Foi un día moi molón, pasámolo xenial! No que ademais compartimos un tempo de lecer coa familia cheo de tradición e cultura.

Ata o próximo Magosto!


Comentarios

Entradas populares