DICIONARIO GTB: DEZ PALABRAS FERMOSAS

 




Boas!

Que non! Que non imos poñer bolboreta! Xa sabemos que gusta moito, que é das favoritas da xente e... precisamente por iso queda fóra desta selección... porque sería redundante.

Nós decantámonos por outras, algunhas non as coñeceredes, outras si, unhas gustaranvos, outras non.

Aí van:


Sardiña. Substantivo feminino. (Sardina pilchardus) Peixe da familia dos clupeidos duns vinte e cinco centímetros, corpo alongado e algo comprimido, cor azul verdosa no lombo e prateada no ventre, que vive en cardumes.


Lene. Adxectivo. 1. Literario: Que é agradable ao tacto pola súa brandura, dozura etc. 2. Propio e figurado: Que carece de violencia, de dureza.


Saudade. Substantivo feminino. Sentimento profundo no que o suxeito vive unha perda ou experimenta unha aguda nostalxia de algo xa vivido e que considera desexable.


Aqueloutrar. Verbo transitivo. 1. Causar enfado ou facer que [alguén] perda a súa serenidade ou tranquilidade.


Rula. Substantivo feminino. 1. Ave da familia dos colúmbidos da que existen varias especies, de cor gris na cabeza e na parte superior do corpo, onde pode ter pencas ocres, e cunha ou máis raias brancas e negras no pescozo.


Arroutada. Substantivo feminino. 1. Axitación súbita e violenta do ánimo durante a que un perde o control de si mesmo. 2. Feito pouco atinado ou pouco razoable.


Barallocas. Substantivo. Persoa que embarulla todo cando fala de tal maneira que non se lle entende o que quere dicir.


Berce. Substantivo masculino. 1. Cama de neno pequeno, que xeralmente se pode abanar. 2. Lugar de orixe.


Arco da Vella. Substantivo masculino. Non vén definido no diccionario de usos da RAG e por iso nos mola. Por certo, xa sabemos o que é, o que está na foto da entrada.


Xacarandá. Substantivo masculino. Planta tropical da familia das bignoniáceas, de follas opostas con numerosos folíolos e flores azuladas, violáceas ou encarnadas, dispostas en grandes acios, da que existen distintas especies.

Comentarios

Entradas populares