VACACIÓNS EN ORNANDA de Momboi

 



Bo día e benvidos neste novo curso!

Como primeira publicación, escollimos un disco que lembra ao verán pero que tamén ten unha boa ración de melancolía, polo que resulta perfecto para este outubro desde o que miramos os pasados meses de sol.

Momboi é unha banda de Santiago de Compostela que se deixa influír polos ritmos latinos que trouxeron os/as emigrantes galegos/as para mesturalos co folklore de aquí. Cancións en galego e en castelán, letras que conectan co noso lado máis humano, para bailar timidamente, para abanearse máis ben, para deitarse no xardín (se non está mollado da chuvia)...


Pinchade aquí se queredes escoltar o disco no seu perfil de bandcamp.

E no vídeo para velos neste videoclip.





Agardamos que vos guste!

Lémonos.

Comentarios

Entradas populares