INFLUENCERS: OLA XON MARIO



Que tal?

Outro influencer para o macuto! Turno de Ola Xon Mario e as súas interesantes reflexións acerca de todo. Pensamentos e opinións comunicados dunha forma moi divertida e próximos á xuventude. 

É o galego unha lingua de laboratorio? Existe o colonialismo lingüístico? Por que non entendemos o portugués? Quen reparte os carnés de galeguidade? Cales son os principais clichés e tópicos galegos? 

Estas son algunhas das preguntas sobre as que fala nos seus vídeos, ademais doutros temas de actualidade como críticas de discos, sexualidade, xénero, redes sociais, televisión, nacionalidades...

Ideal para ir coñecendo nos últimos cursos da escola (5º e 6º) e de aí en diante. Antes sería moi difícil de entender dado que trata temas, en ocasións, complexos.


Para ver a súa canle de Youtube, preme aquí. 

Comentarios

Entradas populares