II CERTAME LITERARIO GTB. MICRORRELATOS
Bo día!
Desde o Equipo de Dinamización Lingüística convocamos a II edición do Certame Literario GTB e os resultados do traballo vímolos neste mes de xuño.
Houbo unha participación moi alta e a calidade dos microrrelatos tamén foi alta, polo que o xurado tivémolo moi difícil para elixir as historias premiadas e decidimos incluír nos galardóns unhas mencións especiais aos tres grupos de Educación Infantil polo seu traballo conceptual, así como a outros relatos que destacaban por diversos motivos.
Tamén decidimos publicalos todos aquí para que a comunidade educativa os lea e os vexa.
Aínda que sexa algo que se di habitualmente e, a veces, sen moito significado, as persoas participantes tedes que sentirvos gañadoras/es
Moitas grazas pola vosa participación!
Aquí vos deixamos as que foron bases do concurso:
II CERTAME LITERARIO GTB
O MICRORRELATO
Coa presente nota queremos informarvos e convidarvos a participar no II Certame Literario GTB, que este ano se centra na disciplina do microrrelato.
CATEGORÍA: Microrrelato en lingua galega.
CARÁCTER: Voluntario e lúdico.
TEMÁTICA: Libre.
FORMA:
– Deberán presentarse en folio branco DINA4 escritos e debuxados a man.
– Os relatos non deberán exceder as 50 palabras no caso de EP con ilustración libre. Para EI, consistirá nunha ilustración (ou calquera tipo de composición plástica) acompañada dunha palabra que garde relación con ela.
– Do mesmo xeito que se fai na aula para fomentar a creatividade individual e para evitar a estandarización e os resultados homoxéneos, deberán entregarse sen correccións do mestrado.
– Ademais, non poderán levar o nome escrito coa autoría. No seu lugar, as titorías establecerán un código numérico cardinal aleatorio asociado aos nomes e serán eses números os que aparecerán nos microrrelatos.
PREMIOS:
– Farase unha entrega de premios pública no centro o venres 17 de xuño e, se procede, un podcast para Sigrás Radio que se poderá colgar na web da escola.
– Haberá premios para os microrrelatos máis moderno, máis imaxinativo, máis elegante, máis valente, máis curto, máis surrealista e máis cuqui.
XURADO: As persoas do Equipo de Dinamización e todas as que así o desexen e o comuniquen. As mestras e mestres, por incompatibilidade, non terán voto nos cursos dos que son titoras e titores, así como nos que teñen fillas/os (de ser o caso).
DATA DE ENTREGA: As obras deberán entregarse antes do 6 de xuño a calquera persoa do Equipo de Dinamización.
Aquí tedes os microrrelatos:
4º EI (MENCIÓN ESPECIAL)
5º EI (MENCIÓN ESPECIAL)
6º EI (MENCIÓN ESPECIAL)
1º EP
2º EP
3º EP
Comentarios
Publicar un comentario