ARGALLA E FOCHICA CON A NOTA
Ola! Como vai?
Turno hoxe para un libro cun formato ben especial. A nota, escrito por Pilar Serrano Burgos, con ilustracións de Daniel Montero Galán e tradución a cargo de Manuela Rodríguez, é unha pequena xoia para manipular mentres se le e se mira.
Como unha nota que vai pasando de man en man, aparece unha mensaxe que se vai movendo por todo o barrio creando moitas posibilidades e solucións creativas nunha emocionante, divertida e activa historia en formato despregable.
Un acerto seguro que levar para as nosas estanterías particulares, bibliotecas e cerebros.
Ata logo!
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario