AMOR POR GRANDE AMORE

 



Que tal?

Hai bastantes anos houbo un momento álxido da música galega que se denominou rock bravú e que animou a grande parte dunha xuventude que ata o momento escoitaba música española e internacional a poder gozar co rock, co punk e co ska en lingua galega. Grande Amore representa hoxe en día ese espírito libre, reivindicativo, natural e con ganas de ser cronista da época que lle tocou vivir, a nosa.

Grande Amore é Nuno Pico, un rapaz normal, xove, intelixente, un bo contador de historias, que combina letras afiadas con sons industriais e electrónicos feitos con sintetizadores.

Diversión e ritmo para o corpo!


Aquí vos queda unha canción de aperitivo:



E pinchando aquí, ides ao seu perfil de bandcamp.


Comentarios

Entradas populares