LETRAS GALEGAS, ROMARÍA POP






Bo día!

O pasado venres 13 de maio, para conmemorar o Día das Letras Galegas 2022, organizamos a nosa I Romaría Pop ata a zona da igrexa románica de Cambre, un evento multidisciplinar no que camiñamos polo entorno, fixemos arte urbano xeométrico, pintamos lenzos coas mans, cantamos Aí ven o maio a ritmo de ukelele e frauta e escoitamos outras cancións tradicionais á pandeireta, bailamos coas Tanxugueiras, elaboramos uns mandalas fermosísimos, xogamos libremente, tomamos o aperitivo e limos a Florencio Delgado Gurriarán de forma continuada no anfiteatro.

Algúns dos nosos obxectivos eran compartir coa comunidade educativa unha actividade do ámbito escolar, coñecer e aproveitar os espazos da comarca como unha ampliación da escola, gozar coas letras, coa lingua galega e co contorno, dar a coñecer a figura e a obra do homenaxeado ou alcanzar cotas de diversión sorprendentes aprendendo.


Aquí vos deixamos algunhas fotos do día:








































































Ata o maio que vén!

*Cunha megafonía que se escoite en Culleredo.

















Comentarios

Entradas populares