AQUELARRE. O NOVO DISCO DE MounQup

 




Que tal?

Un disco, hoxe. Electrónica, música concreta, experimentación, pop, xogos vocais, efectos sonoros, lingua galega, arte contemporáneo en forma musical... 

MounQup é Camille Hedouin, unha moza francesa que desde fai anos reside nunha aldea de Ourense empapándose da nosa cultura galega dunha maneira moi respetuosa e servíndolle esta como inspiración.
 
Aquelarre é un disco de empoderamento feminino, de purificación dunha muller. Un disco moi orgánico, atávico e instintivo, con gravacións de sons do entorno, coa influencia da soedade dunha casa illada, das diferentes mulleres galegas, das pedras, da agua da terra, da agua do ceo, do vento, dos metais, da madeira e do lume.








Mellor védelo e escoitádelo:






Comentarios

Entradas populares