OS ARROLOS DE SALITRE DE XABIER DÍAZ E GUILLERME FERNÁNDEZ

 



Ola!

Xa sabemos que este disco e de fai tempo, concretamente de 2010, mais tanto nos ten, pois as cousas boas están chamadas a perdurar e a ser recomendadas en calquera momento. Xabier Díaz e Guillerme Fernández (membros de Berrogüeto) crean e producen esta xoia da música galega xunto a voces emerxentes da escena galega como Davide Salvado, Jara Ortiz, Uxía Ribeiro, Xoán Curiel, Alba Gutiérrez, Fani Otero, María Xosé Silvar, Carlos Álvarez e Diego Calviño.

Son 11 arrolos (cancións para durmir), algúns tradicionais e populares, cantados de xeración en xeración, e outros de nova creación. Todos, cunha elegancia notable e preparados para ser aprendidos e cantados.

Esta é a portada do disco.




E estas son un par de cancións:









Comentarios

Entradas populares