NINGUÉN COMA MIN. Ignacio Chao e Eva Sánchez
Como vai iso?
Hoxe traemos ao blog esta marabilla editada por Kalandraka que entrou na lista The White Ravens que promove a Biblioteca Internacional da Xuventude de Múnich. Que é iso dos White Ravens? Pois, por resumir e ir ao gran, unha selección de libros de calidade de diferentes países, unha selección na que, por certo, esta editorial galega é habitual.
Ademais, este libro non pode estar máis de actualidade. Ninguén coma min é a historia dun mal tipo, dun ditador, deses que é necesario identificar para non darlle voz, para que non fagan dano a outras persoas, para non deixar que se metan nas nosas vidas, para que non nolas estraguen. En definitiva, isto é unha metáfora (máis real do que parece, como din desde a propia editorial) sobre a xestión e o abuso do poder.
Este conto é unha boa maneira para aprender, xa, determinados aspectos, sen acudir á crua realidade das imaxes diarias.
Oxalá vos mole. Deica a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario