INFLUENCERS: NOEMÍ GARCÍA (MEDIA LARANXA)
Como vai?
Outra influencer para a nosa saca! Hoxe trátase de Noemí García, máis coñecida no mundo dixital como Media Laranxa.
A idea xurde xuntando dúas paixóns da rapaza: a gastronomía e a lingua. Por que? Sinxelo! Porque todas as persoas comemos e falamos. Receitas, termos culinarios en galego e palabras dos diferentes bloques dialectais, proxectos de alimentos, enquisas... tedes contidos moi coidados en todos os sentidos.
Un traballo que dá gusto velo e que queremos compartir convosco.
Como aperitivo, un par de vídeos. Un, sobre a elaboración da salsa de tomate e o seu envasado ao vacío e, outro, sobre como facer unha horta urbana nunha terraza:
Se queredes visitar a súa páxina web premede aquí. Se queredes dar unha volta pola súa canle de YouTube pinchade aquí. E se vos apetece mirar o seu instagram, dádelle aquí.
Comentarios
Publicar un comentario