AS NOSAS SUPERHEROÍNAS E OS NOSOS SUPERHEROES
Boas!
Hoxe queremos facer unha reflexión importante.
A pesar do COVID e dun protocolo que fai complicado a realización de actividades complementarias tal e como desexariamos, sacamos adiante un Entroido bastante fermoso. Escola, familias e, sobre todo, crianzas (que son aquelas e aqueles polas/os que todo cobra sentido) levando a cabo propostas de maneira conxunta, en comuñón e harmonía. E precisamente esta é a chave que abre a porta do bo funcionamento do ensino público en concreto e da concordia social en xeral, que tan necesaria é para lograr esa paz que celebrabamos fai un mes. Vivimos tempos de reflexión e da semana pasada só podemos extraer cousas positivas. Esperamos que vós pensedes o mesmo.
Deixámosvos algunhas fotos do venres onde superheroínas e superheroes das máis variadas especies e tipoloxías invadiron a escola cos seus xeniais superpoderes.
Agardamos que vos gusten...
Bravo por nuestros superhéroes
ResponderEliminar