ROSALÍA, MULLER VALENTE




Boas!

Hoxe é 23 de Febreiro, día de Rosalía, día no que cumpre cento oitenta e cinco anos... e dicimos "cumpre" porque esta muller é inmortal, é para sempre.

Muller valente, que escribiu con tanta bravura nunha época moi difícil, nun tempo no que dicir certas verdades tiña como resultado ser o branco dos ataques dunha maioría que esnaquizaba. 

Muller cunha intelixencia avasaladora, que soltaba máis dardos no centro da diana que unha ducia dos mellores rapeiros actuais xuntos. 

Muller brillante e lúcida que describía realidades atinando dunha maneira sobresaínte. 

Muller feminista, que introduciu fai máis dun século o debate sobre o patriarcado social e literario, un tema que, por certo, moitísimas persoas seguen sen entender na actualidade. 

Muller moderna, moi adiantada á sua época, que aínda sería a máis vangardista hoxe en día. 

Muller melancólica e nostálxica, que iniciou e encabezou un movemento literario que nunca foi xustamente tratado (nin sequera nomeado!) e que desde aquí queremos chamar Feitizo morriñoso ou Negra saudade.

Rosalía. Muller. 


Mirade que poema audiovisual máis cuco!:





E así quedou o patio hoxe, despois de celebrala.








































Comentarios

Entradas populares