INICIO DA SEMANA CO PREGÓN DO ENTROIDO
Que tal?
Onte pola mañá tivemos na escola o pregón do Entroido, que supón o inicio a esta semana de festa.
As diferentes clases saímos ao patio con gana de troula para ler un texto poético creado polas crianzas... un texto que, ademais, quedou precioso!
Aquí o tedes:
Damos a benvida rapazada,
que hoxe imos celebrar
a Entroidada de Sigrás
cunha semana espectacular.
Nestes tempos de Entroido
temos risas e alegrías
chourizos, grelos e patacas
andamos papando todo o día.
Os maiores de infantil
querémonos divertir
cos nosos disfraces
ides ter que rir.
No Entroido hai moita risa
alegría e maxia dese día,
comemos cousas ricas
con amigos e familia
e tamén nos disfrazamos
con máscaras incluídas.
No Entroido na nosa cara
poremos un anteface.
No escenario desta escola
superheroes e heroínas
amosarán o seu disfrace.
Ao cole de Sigrás
o Entroido chegará.
Presta atención
e verás que emoción.
Preparados para facer filloas e orellas
pasade por Sigrás que hai que comelas
bos complementos e escoller roupa vella
heroes e heroínas, todos á pasarela.
Encántanos o Entroido
porque somos moi festeiros
disfraces, meco, cocido,
filloas para os larpeiros.
Neste Entroido disfrazámonos
e que ben o pasamos!
Comemos larpeiradas
como filloas tostadas.
Festexamos nesta escola
cuns traxes de peliqueiros
o Entroido todos xuntos
cores, bailes e choqueiros.
Gozade! Brincade!
Facede o que queirades!
Bailade! Cantade!
Que baixón! Toca mate!
E aquí algunha foto máis:
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario