INFLUENCERS: ESTHER ESTÉVEZ (DÍGOCHO EU)

 


Que tal?

Hoxe temos nesta sección de persoas influentes a Esther Estévez, unha moza que se deu a coñecer na TVG a través do espazo Dígocho Eu, co que conseguiu chegar a nenas/os, adolescentes e persoas de todas as idades. Un programa interesantísimo que nos ensina moitas cousas da nosa lingua. Vogais abertas e pechadas, vocabulario gastronómico, topónimos, localismos, palabras a evitar, expresións de moda, a sección Non digas... e moito máis!

Vídeos curtos e dinámicos, moi atractivos e para todas as idades. Están xeniais para ver en familia!

Fai un tempo, deu o salto a Twitch, unha rede social moi coñecida onde están outros influencers de diferentes materias ou campos de coñecemento.


Pinchade aquí para ir ao seu espazo, onde poderedes aprender a moreas! 


Esperamos que vos encante e, como aperitivo, deixámosvos isto:





Ata a próxima!


Comentarios

Entradas populares