AIRE! CON CAAMAÑO E AMEIXEIRAS

 



Boas!

Caamaño e Ameixeiras no menú de hoxe. Que boa cousa!

Estas dúas mozas, Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz), son un lene vento que nos chega en forma de música tradicional galega, entendida como algo vivo e en constante cambio. Collen todo aquilo que soa a popular para mesturalo cos novos aires contemporáneos.

Aire (2021) é un disco moi bonito, amable, esencialmente instrumental aínda que con algunhas voces ben escollidas, atávico, purificador, libertario, contundente e con moita maxia.

Colabora no álbum a xenial Silvia Pérez Cruz, Abraham Cupeiro, Carola Ortiz ou El Pana entre outras persoas.


Se queredes ver a súa web, pinchade aquí


E agora, un par de vídeos:





Ata logo!






Comentarios

Entradas populares