A NOSA VECIÑA PLANETA TANGERINA






Ola!

Como galegas e galegos temos a língua galega e castelá presentes desde que nacemos e iso permítenos ler libros en ambos idiomas, ver pelis e vídeos tamén en ambas línguas, entender a letra das cancións en ambas línguas... mais tamén existe outra língua que falan dous centos millóns de persoas, coa que temos unha conexión histórica moi bonita e que comprendemos (ou deberiamos) cun mínimo de esforzo. Trátase do portugués e para homenaxear este encontro lingüístico... que cousa mellor que presentar unha das mellores editoriais do mundo?


Planeta Tangerina é unha auténtica marabilla! Esas tres persoas das fotos de arriba son Madalena Matoso, Bernardo P. Carvalho e Isabel Minhós, os tres fundadores desta editorial. Unha editorial que fai libros impresionantes, deses que xa teñen boa pinta sen abrilos, dos que se ve a calidade a leguas de distancia.

Ilustracións de estilos moi variados, con textos brillantes ou sen texto, libros para ler, gozar, tocar e cheirar. Libros para vivir e experimentar.


Para ir á sua web, premede aquí.


Aquí, algúns exemplos:
















Entrade no mundo de Planeta Tangerina. Merece a pena!


Comentarios

Entradas populares