6 LIBROS SEN TEXTO (MÁIS ALÁ DO TÍTULO) PARA CONTAR EN GALEGO

 












Ola!

Xa sabemos que calquera conto ou historia pode ser contado/a en galego (en caso de querer), mais existen unha serie de fermosos libros sen palabras que podemos intrepretar no idioma que desexemos... e aquí, non imos perder a ocasión de recomendarvos facelo en galego.


Hoxe propoñémosvos seis obras extraordinarias para descubrir en familia. O desfase imaxinativo con Mundo Loco de ATAK para a editorial Fulgencio Pimentel, a sinxeleza dunha boa idea a través de Zoom de Istvam Banyai do Fondo de Cultura Económica, a ruptura cos límites do formato libro en La ola de Suzy Lee para Barbara Fiore Editora, o poder do mundo mariño en Verdade? de Bernardo P. Carvalho para Pato Lógico, as lembranzas de infancia con The return de Natalia Chernysheva para Groundwood Books Ltd e o poder impresionante da vida submarina con Flotsam de David Wiesner en Random House UK.


Nada máis!


Probade! 

Comentarios

Entradas populares