BIBLOS, LUZES E O PAPAGAIO, TRES REVISTAZAS!

 







Bo día!

Que sorte poder contar con estas tres revistas en lingua galega! E que pena non contar con moitas máis!

Son tres revistas impresas... que forman parte da resistencia... porque cada vez quedan menos! Tamén teñen páxina web onde consultar o que queiramos.

Por unha parte temos Biblos, que fai a librería Biblos de Betanzos nun labor de moito mérito pola súa parte. Recomendacións de libros para todas as idades, estudadas con gusto e coñecemento do tema, críticas e reseñas literarias e artigos sobre aspectos concretos nutren as páxinas desta revista que cada vez conta con máis subscritores/oras.

Por outra parte a recoñecida (e creo pouco valorada) Luzes, unha revista dunha calidade altísima, desde a propia edición (tipo de papel, deseño...) ata a escolla de contidos, de colaboradores e colaboradoras ou as certeiras análises da sociedade e da realidade que levan a cabo. 

E, por último, O Papagaio, que como din desde a súa editorial, é un xornal para a xente miúda, impreso en papel reciclado e a cor. Non contén publicidade, ten periodicidade mensual e, nas 12 páxinas que ten, trata temas de ciencia, ecoloxía, arquitectura, banda deseñada, literatura...


Tres agasallos, tres! Un aquí, outro aquí... e outro aquí.


Ata a próxima!





Comentarios

Entradas populares