XABARÍN CLUB

 



Ola!

Que cousa mais boa o Xabarín Club! Que? Que non sabedes o que é? Non o podo crer! Estades a tomarnos o pelo! As persoas de idade (maiores de 30) medramos con este programa da Televisión de Galicia que tanto fixo pola nosa lingua.

O Xabarín Club eran debuxos animados en galego, cancións molonas en galego, un club de amigos en galego, eran as tardes de luns a venres, a volta do cole cun bocata nas mans, eran sorrisos en galego, eran os comentarios ao día seguinte... o Xabarín érao todo!


O que está claro é que algo mudou desde que desapareceu. Outra cousa que está clara é que o galego está en perigo de extinción. Pode que ambas cuestións garden algo de relación. Non credes?


Mentres a TVG lle dá voltas non sei a que e non nolo devolve á programación, podemos desfrutalo aquí, na súa canle de YouTube ou neste enlace da propia TVG.


Un temazo para ir facendo boca:





Xa nos diredes se vos gusta!


Comentarios

Entradas populares