PLAN DE MAGOSTO

 



Ola!

Queremos propoñervos un plan familiar para esta época do ano. Os meses de outubro, novembro e decembro son ideais para saír a por castañas.


Paso 1:

Calzádevos unhas boas botas, roupa de abrigo, un chubasqueiro e unha bolsa de tea.


Paso 2:

Escollede un monte ou lugar público onde haxa castiñeiros e iniciade unha camiñada ata ese lugar desfrutando do tránsito.


Paso 3:

Á faena! A apañar castañas! Abrir os ourizos co lateral dos pés, recoller con coidado e introducir no bolso. Importante que non teñan furado e intentar que sexan máis ou menos do mesmo tamaño para que logo sexa máis doado asalas. 


Paso 4:

Volta andando ata a casa.


Paso 5:

Xa na cociña (ese lugar tan potente na cultura galega!) e cambiados de roupa, lavar e deixar secando as castañas. 


Paso 6:

Asar as castañas no forno. Prequecer a 200º durante 10 min. Nese tempo, facerlles un corte en cruz no medio da peza. E despois, facer 10 min. aproximadamente por cada lado.


Paso 7:

Sacamos do forno e deixamos que baixen un pouco de temperatura. 


Paso 8:

A recomendación de Ao norte do norte é metelas nun vasiño con leite fresco e engadirlles unha culleradiña de mel do país.


Paso 9:

Remover e deixar repousar un par de minutos.


Paso 10:

A comer!



A continuación, deixámosvos un vídeo con diferentes formas de preparación:




Que aproveite enchedoiros/as! 

Comentarios

Entradas populares