LATEXO, A MARABILLA DE XOSÉ LOIS ROMERO E ALIBORIA
Bo día!
Tempo de música, de bailar, de cantar e de soñar. Hoxe, Latexo de Xosé Lois Romero e Aliboria, outro exemplo do ben que se fan as cousas musicalmente en Galicia na actualidade. Folclore galego pasado por un filtro de modernidade, con percusións complexas e voces contundentes. Ritmos actuais, con influencias do mundo tribal e doutras músicas do mundo como a africana. Música instintiva, feita desde dentro, desde o corazón, mais tamén desde as tripas.
Este curso, escollemos unha canción deste álbum para o concurso Cantamos coas mans da FAXPG (Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia), polo que traballamos cada día cos sons, o ritmo, o entorno, a lingua de signos, a coreografía e o resultado verédelo cara a primavera.
Mentres tanto, ídelle botando unha ollada ao tema:
Deica logo!
Comentarios
Publicar un comentario