UNHA PRESADA DE LECTURAS PARA SAMAÍN


Foto: Nabos de Samaín.

 

Ola! Que tal?

Como xa se vai achegando o Día de Todos os Santos, que será este 1 de novembro e o Día de Defuntos o 2 de novembro (aposto a que moitos/as pensabades que era na mesma data...), queremos suxerirvos en voz baixiña unhas cantas lecturas para a celebración do Samaín. 








Aquí tedes estes catro libros de Ledicia Costas para a colección Os Minimortos, Benvido ao outro barrio, O Día dos Vivos, Escola de salvaxesCriando malvas, unha serie de historias divertidísimas cunha pinga de medo, outra de suspense e moitas de aventura.

Se vos gustou Escarlatina, a cociñeira defunta, non o dubidedes, metédelle o ollo a isto!






O noso Samaín, de Loretta Birott Bermejo e Nuria Valdeón Balsas, é un conto ilustrado perfecto para coñecer cousas sobre a festa do Samaín. Cal é a súa orixe? Ten historia? Como se celebra hoxe en día? Vívese intensamente en Galicia?






Debemos saber que o Samaín é unha festividade celta e que, logo, os americanos importaron co nome de Halloween (e non ao revés). Desde fai un tempo, estase a loitar por recuperar esta celebración e na vila de Cedeira, por exemplo, celébrase moito. Indo para o Samaín é ideal para representar co teatro  ou papando unhas castañas con leite.






O Samaín é un libro para aprender palabras sobre esta festa mentres adultos e crianzas xogamos coa historia contestando preguntas e relacionándonos.




Lédeos todos! Lede os sete! Lede os seis! Lede cinco! Lede catro! Lede tres! Lede dous! Lede un! Lede cero! Cero? Noooooooooon, cero non... que ler é moi guai!

Ata logo!



Comentarios

Entradas populares