TANXUGUEIRAS

 



Ola!

Escoitar a música de Tanxugueiras é algo moi inspirador, como asistir a un capítulo fundamental da historia artística da nosa terra, como descubrir un son de sempre con novas texturas, como ver a tradición e a vangarda collidas da man, como a unión do mundo urbano e o rural, como un carballo abaneado polo vento, como o salitre inundando todo o interior...

"Mulleres fortes, valentes e empoderadas. Cantareiras dunha nova década. As voces de Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro, ateigadas de virtuosismo e contundencia, son as máximas expoñentes dunha xeración aberta á evolución e reformulación das músicas de creación colectiva galega"... así se definen na biografía da súa web... e non está nada mal.

Pinchando aquí podedes visitar o resto de información da súa páxina.






Tanxugueiras (2018) e Contrapunto (2019) son os seus discos ata o momento e como pequena mostra do que fan, aí vos vai o seu fantástico directo no Galicia Emerxe da TVG:




Deica logo!









Comentarios

Entradas populares