OLA!




Benvidos/as a este lugar virtual onde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Gonzalo Torrente Ballester de Sigrás (Cambre) intentaremos contribuír a darlle á cultura e, sobre todo, á lingua galega o espazo e o tempo que merecen. 

A nosa idea con este blog é crear un lugar onde compartir convosco, lectores e lectoras, contidos de todo tipo (literarios, musicais, cinematográficos, gastronómicos, pedagóxicos...) e experiencias diversas que acontezan na nosa escola.

Por isto, animámosvos a vir de visita cando o desexedes, xa que sempre seredes ben recibidos/as.

Comentarios

Entradas populares