GONZALO MOURE. UNHA MANEIRA DE SER, UNHA MANEIRA DE CREAR.

 




Bo día!

Gonzalo Moure é un autor marabilloso. Todo o mundo debería sabelo! Todo o mundo debería coñecelo! Seguro que así, a sociedade na que vivimos sería un bocadiño mellor. 

Nacido en Valencia no ano 1951, este xornalista, guionista, publicista e, sobre todo, escritor, é un deses seres humanos que un/unha quere ter ben preto. Como non temos o pracer de coñecelo, achegámonos a el a través dos seus libros e, hoxe, traémosvos a esta bitácora dous deles.


O primeiro é Miña Guía, Meu Capitán, un conto sobre unha fermosísima relación entre unha nena e o seu pai. Unha historia acerca do amor, da tenrura, da beleza de vivir, do positivismo ante as limitacións visuais e do respecto hacia as persoas que queremos. 

Ademais, este libro ten unhas ilustracións moi bonitas e delicadas da catalana María Girón e a editorial Kalandraka tráenolo nunha edición en galego moi bonita.





O segundo é Palabras de Caramelo, con ilustracións de Fernando Martín Godoy e editado por Xerais. Na Lista de Honor CCEI de 2003 e na Selección de Libros Altamente Recomendados de Fundalectura, conta a historia de Kori, un rapaz con xordeira que vive nun campo de refuxiados saharaui e que vai aprendendo na escola e na vida xunto á súa mestra e a un camelo que coñece.



En definitiva, dous libros cun valor emocional incalculable, cunha esencia preciosa de convertir o diferente en igual e co aspecto diferencial do Moure escritor, que vive e experimenta en primeira persoa os contextos que relata nas súas historias.


Para rematar, queremos lembrar esa frase de Michel Tournier que di "A literatura infantil é aquela que tamén poden ler as nenas e os nenos".



Ata a próxima!












Comentarios

Entradas populares