EL HEMATOCRÍTICO É XENIAL, SI!

 



Bo día xentiña!

El Hematocrítico é Miguel López, un mozo da Coruña, veciño noso polo tanto, que imaxina e escribe brillantemente. É mestre de educación infantil (e nótase!), colaborador da revista Mongolia, da Cuore, GQ, Ser Padres, Top Chef, tamén fai xunto a Noel Ceballos Los Hermanos Podcast, imparte charlas TED... un 4x4 creativo que chega ás nosas casas para deixarnos desfrutar con el. 

Rapunzel con piollos, Feliz Feroz, a colección Lendas do recreo, Alcaldesa vermella ou O lobo con botas son algúns cantos libros polos que comezar a descubrir o mundo deste escritor e as súas personaxes.

Novas versións de clásicos, aventuras populares, diversión, lucidez e moita conciencia é o que vos agarda á volta das páxinas.










Chao!

Comentarios

Entradas populares