BAIUCA. PASADO, PRESENTE E FUTURO.
Baiuca é o proxecto musical (audiovisual, en realidade) de Alejandro Guillán, un rapaz de Catoira que leva case catro anos actualizando con mestría a música tradicional galega. Como se traduce isto? Pois recollendo todos aqueles elementos do folklore galego (como a gaita, o cancioneiro popular, a frauta, o pandeiro e outras percusións...) e cubríndoos cunha manta sonora de electrónica. E cal é o resultado? Unha proposta moi moderna, atractiva, con aires atlánticos e tamén andinos, elegante, contundente, moi sensorial, respectuosa co pasado pero coa vista posta no futuro.
Baiuca é unha revolución artística que nas súas actuacións en directo acompáñase do percusionista Xosé Lois Romero, do gaiteiro Cristian Silva, do grupo de pandereteiras e cantareiras Lilaina e Aliboria ou das videocreacións de Adrián Canoura.
Conta con dous discos cuxas portadas tedes a continuación, Solpor (2018) e Embruxo (2021), respectivamente. Podedes pinchar aquí ou acolá para escoitalos no seu perfil de bandcamp.
Comentarios
Publicar un comentario