DICIONARIO GTB: ALGUNHAS EXPRESIÓNS (III)
Bo día!
Outra entrega máis de expresións senlleiras da nosa lingua.
Aínda que, ás veces, o ceo TEÑA MALA CARA, non temos que quedar na casa agardando a que chova e non nos colla fóra. Podemos saír cos PÍCAROS e que aprendan a gozar do que non se pode predicir. Despois, se chove COMA AREA, mollámonos e listo! Non somos gatos, non é para tanto. En ocasións, o orballo pode ata aportarnos enormes beneficios relacionados coa calma, polo que MÉTELLE UN CINCO! E se, en vez de orballo, CHOVE A BALLÓN e NON SE VE PALMO, non quedará outra que volver para a casa, correr e DAR COS PÉS NO CÚ porque seguro que en pouco tempo xa non quedará NIN GARUTO na rúa. E se non vos apetece correr, mellor DEIXARSE ESTAR, DEIXARSE IR e que REBENTE O CEO!
Ata a próxima!
.jpg)

Comentarios
Publicar un comentario